Fillas de Cassandra actuará este ano na IX Foliada da Fonsagrada

LugoXa
A iniciativa, organizada pola Asociación Cultural Petapouco e a Destempo, terá lugar do 5 ao 7 de decembro, tres días nos que haberá música, baile e obradoiros
Foliada-da-Fonsagrada
27 Nov 2024

A Asociación Cultural Petapouco e a Destempo organiza a IX Foliada da Fonsagrada, que terá lugar do 5 ao 7 de decembro, tres días nos que haberá música, baile e obradoiros.

Todo comezará o día 5 coa Ruta dos Pintores ás 11.00 horas, que debe o seu nome ao itinerario que transcurre polas aldeas nativas de dous recoñecidos artistas; mentres que ás 17.00 horas comezarán os obradoiros, un de iniciación á pandeira e outro de Bailles del Centro D’Asturies: jota, saltón e muiñeira. Finalmente, ás 21.30 horas terá lugar a butelada.

Pola súa parte, o venres 6 ás 12.00 horas terán lugar os cantos de taberna e xa pola tarde, ás 20.00 horas, haberá obradoiro de baile. As actuacións comezarán ás 21.00 horas con Maricarme, ás 23.00 horas con El Naán Trío e ás 01.00 horas con Ana Lua Caiano.

Finalmente, o sábado será o día con máis actividades, comezando ás 11.00 horas coa apertura da Feira de Artesanía e ás 12.00 horas haberá a presentación do libro ‘Alborada en Vilaquinte’, de José Ramón González Pérez. Ademais, tamén terá lugar unha demostración de olería de Buño.

Pola súa parte, nesta xornada os concertos comezarán ás 12.00 horas con Bouba, mentres que ás 13.30 horas estará Candorka Trío; ás 17.30 horas será a quenda de Axeigo; ás 21.00 horas terá lugar o concerto de Mediarea; ás 23.00 horas será o de Xosé Lois Romero & Aliboria; ás 01.00 horas chegará Fillas de Cassandra e finalizará con Llevólu’l Sumiciu ás 03.00 horas.

0.17574906349182