Foi inaugurada a nova biblioteca do Colexio CEIP A Ponte de Lugo, BiblioPonte

A nova biblioteca do Colexio CEIP A Ponte de Lugo, BiblioPonte, foi inaugurada coincidindo coa Semana do Libro.
No acto, a directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, destacou o labor desenvolvido neste espazo en prol da aprendizaxe multidisciplinar “con iniciativas que impulsan o achegamento do alumnado á ciencia e ao medio ambiente, ademais de en prol da consolidación do hábito lector”.
O CEIP A Ponte desenvolve, ademais, varios dos proxectos impulsados pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades en FP na súa estratexia de bibliotecas escolares, o Plan Lía. Forma parte do Plan de Mellora, participa en Radio na Biblio e mantén un Club de Lectura con diversas actividades asociadas.
Está integrada, tamén na rede LIA.3, coa que a Xunta avanza no modelo de biblioteca escolar deseñada como laboratorio creativo de aprendizaxe aberto a toda a comunidade escolar, fornecidas de múltiples recursos e orientación para utilizalos.
Nos últimos anos a Consellería investiu máis de 9.800 euros nas distintas liñas de actuación desta biblioteca. “A nova biblioteca ocupa un espazo máis amplo no centro e permitirá que este espazo continúe medrando, grazas ao dinamismo desta comunidade educativa”, salientou a directora xeral.