Fonsagrada realiza o 6 de xullo unha charla sobre dano cerebral
A Fonsagrada celebra o vindeiro martes 6 de xullo no salón de actos dos Chaos a charla Pódese previr o dano cerebral? A conferencia terá lugar ás 18 horas e dende o Concello lembran que se levarán a cabo todas as medidas sanitarias vixentes.
A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) conta cun programa, financiado pola Axencia Galega de Turismo, auspiciado pola convocatoria Subvencións para proxectos de dinamización do Xacobeo 2021 O teu Xacobeo, co nome de Camiñando polo Dano Cerebral.
Os obxectivos deste evento son: incrementar o coñecemento social sobre o dano cerebral centrándose nas principais causas, síntomas de alarma e medidas de actuación en municipios con gran afluencia de peregrinos, etc, e sensibilizar á sociedade galega e estranxeira sobre a realidade do dano cerebral a través de actividades deportivas.
Por esta razón e para lograr eses obxectivos, propóñense unha serie de actividades coma a realización dunha serie de conferencias ou obradoiros sobre este tema ou a distribución de materiais didácticos ou informativos sobre as principais causas do dano cerebral.