Formación sobre nutrición na Fonsagrada

LugoXa
O Concello da Fonsagrada acolle a formación Alimentación saudable e uso da medicación o vindeiro 22 de xuño de 16:30 a 20:30 horas.
comida alimentos
8 Xuño 2021

O Concello da Fonsagrada acolle a formación Alimentación saudable e uso da medicación o vindeiro 22 de xuño de 16:30 a 20:30 horas. O lugar elexido para a celebración é o salón de actos municipal da Fonsagrada, situado na rúa dos Chaos. Así mesmo, a docente que levará a cabo o curso será Olga Roca, enfermeira supervisora da área sanitaria de Lugo.

O obxectivo da formación é coñecer os diferentes modelos e características dun patrón alimentario saudable, así coma desenvolver destrezas e habilidades para unha correcta elección relativa á adquisición e preparación de alimentos.

O programa do curso está composto por puntos coma a diferenza entre alimentación e nutrición, a importancia da hidratación en persoas maiores, os cambios orgánicos no proceso do envellecemento, as características da dieta equilibrada, factores que afectan ao estado nutricional da persoa maior, a prevención da malnutrición e un uso seguro da medicación, entre outras.

A formación está organizada pola Axencia do Coñecemento en Saúde ACIS e a Escola Galega de Saúde para cidadáns en colaboración co Concello da Fonsagrada.

Para máis información ou para inscribirse pódese contactar co Concello da Fonsagrada.

alimentos
0.1856529712677