Fotografía o Camiño Francés este sábado 6 de novembro

LugoXa | SarriaXa
O sábado 6 de novembro terá lugar o obradoiro fotográfico nun tramo do Camiño Francés. Unha actividade enmarcada no programa A Caída da Folla.
ribeira sacra cartel caida da folla (1)
3 Nov 2021

Un obradoiro para fotografiar o Camiño Francés entre Portomarín e Paradela é unha das actividades enmarcadas no programa "A Caída da Folla" que combina plans outonais variados e novos para os lucenses.

Nesta ocasión a actividade estará guiada por un fotógrafo profesional que acompañará aos participantes nun tramo do Camiño Francés mentres resolve as súas dúbidas e lles ensina trucos para mellorar a súas fotografías.

O prezo do obradoiro fotográfico é de 6 euros e dará comezo as 9.00 horas dando fin as 15.00 horas. Os traslados no autobús necesarios están incluídos no prezo. Para a realización da actividade será necesario unha cámara reflex, sen espello ou de calquer outo tipo. Tamén é recomendable o uso de roupa e calzado adecuado.

0.19016098976135