Foz celebra a nova edición da Festa do Chícaro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
10 Xan 2020

A Festa do Chícaro 2020, que se celebrarase a fin de semana do 17 ao 19 de xaneiro con degustacións de berberechos en varias preparacións na carpa instalada no peirao e nos locais de hostalería da vila de Foz.

A festa comezará o día 17 cunhas charlas no salón de actos do Cenima ás 20.00 horas sobre o 90 aniversario do pósito de pescadores e estará a cargo de Antón Niñe, e Foz, versión única da salve mariñeira por Xesús do Breogán.

Xa o sábado 18, ás 11 da mañá darán comezo as charangas de música coa participación de A Subela e O Feitizo.

Acto seguido farase a apertura oficial da carpa, xunto co pregón, que estará a cargo de Lara Méndez, alcaldesa de Lugo. E despois haberá unha actuación de Mar Aberto.

Ao mediodía serán as degustacións de berberechos, e pola tarde continuarán as actuacións musicais ata a noite.

O domingo 19, os visitantes poderán seguir desfruando deste manxar polos locais hostaleiros da vila.

A partir do pregón xa se abre a festa e o menú serán chícaros en empanada, á provenzal, ao vapor e con fabas de Lourenzá. Os pratos serán cociñados cun pouco de tradición, e os prezos non varían moito con respecto a anos anteriores.

0.11203503608704