Foz celebrará unha cea-baile de coración da Raiña do Entroido
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
16 Xan 2020
O Concello de Foz coroará a Raiña do Entroido o día 8 de febreiro, así o celebrarán cunha cea-bailes.
A festa terá lugar na sala Bahía ás 22 horas e o menú da cea constará de entrantes, sopa de Entroido, costela asada, viño, sobremesa, café e chupito.
Todo o menú ten un prezo de 25 euros por persoa e a festa estará amenizada por Disco Móbil.
Para participar haberá que retirar unha tarxeta a partir do 21 de xaneiro na Casa da Cultura.