Foz elexirá o rei e raiña do Entroido o sábado

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
21 Nov 2019

Foz elexirá o rei e raiña do Entroido o sábado 23 a partir das 20 horas na sala Bahía e terá entrada libre.

A elección da raíña ou rei do Entroido farase nun acto público, no que votarán os membros do xurado e o público asistente, así, o voto do público contará un 40% e o do xurado un 60%. 

No acto público farase a presentación dos candidatos e candidatas, que deberán realizar probas propostas polo xurado. 

Haberá música e un menú para os asistentes que constará de churrasco, pan e viño ou refresco, e todo por 10 euros.

Tamén haberá un concurso no que o grupo que aporte máis tiquets por valor superior a 10 euros do supermercado Gadis, levará 10 entradas gratis para a cea de coroación.

0.19845509529114