Foz entregou os diplomas ao alumnado do curso formativo Xuntos nos coidados

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
12 Feb 2020

O Concello de Foz, a través da concelleira de Servizos Sociais, Ana Rojo, entrega os diplomas aos 12 participantes no curso Xuntos nos coidados 2019, destinado a formar a coidadores e familiares de persoas con demencias ou enfermidades neurodexenerativas, como o alzheimer ou parkinson, que tivo lugar en Foz en novembro e decembro do ano pasado.

Ana Rojo explicou que “foi impartido por un equipo de psicóloga e terapeuta da Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras Enfermidades Neurodexenerativas (AFAN) coa colaboración de FAGAL (Federación Alzheimer Galicia) e financiado pola administración autonómica galega”.

0.1455249786377