Foz inicia hoxe a programación de música na rúa

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Foz inicia unha programación de música na rúa.
Cita coa Historia
24 Xul 2020

O Concello de Foz inicia unha programación de música na rúa. Hoxe, venres, o DJ Popy García actúa ás 18.30 horas no cruce da avenida da Mariña coa rúa Xoán Montes. E ás 21.00 horas no Campo da Cabana haberá un concerto do Coro Tempus Fugit, de Viveiro.

Mañá, sábado, o grupo Forget La France, de Lugo, actuará na praia da Rapadoira ás 13.30 horas e na praza Conde de Fontao ás 21:30 horas.

O domingo ás 13.30 horas na rúa Illa Nova estará o DJ Popy García. E o mesmo día actuará o grupo Los Alcántara en acústico na Glorieta de Vilalba ás 13.30 horas e na praia da Rapadoira ás 21.30 horas.

Desta maneira o Concello de Foz continúa coa súa programación cultural levando a música a distintos puntos da vila, sempre co publico sentado en  cadeiras e aforos controlados.

0.086586952209473