Foz rexistrou preto de 7.500 visitantes durante o verán

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
As oficinas de turismo de Foz rexistraron preto de 7.
58461006_1321044611376529_7221351900308832256_o
7 sep 2020

As oficinas de turismo de Foz rexistraron preto de 7.500 visitantes durante os pasados meses de xuño, xullo e agosto.

Así, neste verán 2020 pasaron pola oficina de turismo de Foz así como polo punto de atención turística da Basílica de San Martiño, instalado na casa reitoral  para facer algunha consulta sobre a Mariña, rutas, aloxamentos, actividades e ocio, preto de 7.500 persoas, das cales un 40 por cen pernoitaron en Foz.

A ocupación hoteleira estivo por enriba dun 25 por cen no mes de xullo e dun 80 por cen, superando o 90 por cen algúns fin de semana, no mes de agosto. Por comunidades autónomas destaca Galicia no mes de xuño e Madrid nos de xullo e agosto cun porcentaxe maior ao 40 por cen. Seguen Castela e León, País Vasco, Cataluña, Andalucía e Asturias.

A desescalada ou desconfinamento por fases e desigual por comunidades autónomas afectou significativamente a esta comarca, e a Foz concretamente, xa que a maioría dos visitantes e turistas son da comunidade autónoma madrileña, nunha fase máis atrasada da desescalada.

O confinamento da Mariña a primeiros de xullo tamén supuxo un duro golpe para o turismo e polo tanto para o comercio local, hostalería e restauración. Non obstante, o turismo foi en aumento na segunda quincena de xullo e no mes de agosto. Nisto influíu a mobilidade por todo o territorio nacional e o gran esforzo de promoción e reactivación turística realizado dende o Concello, a Mancomunidade, a FCAM  e ACIA Foz para dar a coñecer o xeodestino A Mariña Lucense.

0.19494199752808