Francos celebra as súas festas cunha degustación de produtos de razas autóctonas

LugoXa | TerraChaXa
O programa Un gusto de rural, un rural degusto da Vicepresidencia da Deputación de Lugo será protagonista da xornada do sábado
festas-francos-deputacion
23 Sep 2026

O programa Un Gusto de Rural, un Rural Degusto da Vicepresidencia da Deputación de Lugo promocionará a carne de razas autóctonas nas festas de Francos, en Outeiro de Rei, que se celebrarán esta fin de semana.

A comisión apostou por incluír as degustacións promovidas pola área de Rural no programas das festas, ofrecendo un escaparate para a promoción da calidade destes produtos e para a posta en valor do traballo das ganderías locais que se comprometen coa recuperación e conservación destas razas galegas e co mantemento do territorio.

Bolo preñao de chourizo de Porco Celta, empanada de carne de Frieiresa e croquetas de galo de Mos. A degustación conta coa colaboración da gandería Porco Celta Pedrouzos de Diego Díaz da localidade de Bóveda (Lugo), e produtos da Gandería Armental de Begonte e do criador de galiña de Mos Alberto Fernández Fraga de Vilela, en Outeiro de Rei.

A xornada festiva comezará ás 13.30 horas cunha misa solemne. A continuación, os asistentes poderán gozar da actuación musical de Sons da Chaira e da degustación.

A programación continuará cunha sesión vermú amenizada pola formación Nuevo Ritmo, que tamén será protagonista da verbena nocturna xunto con Verónica Cambón.

O domingo continuarán as festas de novo con misa solemne, ás 13.30 horas, e sesión vermú longa con el grupo Sureños e Son do Ladra.

A deputada Iria Castro presentou a degustación acompañada por representantes da Comisión de Festas e das asociacións gandeiras Asoporcel e Boaga e dos gandeiros que colaboran na degustación, que suma Francos a longa lista de localidades onde a Vicepresidencia da Deputación de Lugo promocionou os produtos de razas autóctonas.

No que vai de ano, o programa da área de Rural promoveu degustacións en trinta celebracións populares, mercados e feiras gandeiras

0.14952802658081