Friol acolle a proxección dun documental sobre a atención sanitaria

LugoXa | TerraChaXa
'DEP. Destruír é o Plan' é o título da peza, á que seguirá un coloquio
dep-destruir-e-o-plan-friol
Cartel do evento
9 Xul 2024

Este mércores 10 de xullo, en Friol terá lugar a proxección do documental sobre o deterioro intencionado da sanidade pública galega elaborado por SOS Sanidade Pública.

Será ás 16.00 horas no Centro Colaborativo Celestino Fernández de la Vega, onde poderá verseo documental DEP. Destruír é o Plan.

Despois da proxección terá lugar un coloquio con Bernardino Pardo teijeiro, médico de familia, coa participación das Mulleres Rurais Fonte da Xonza.

Trátase dun documental sobre os motivos polos que se afirma que a morte evitable en Galicia está aumentando. Un vídeo ameno e áxil, que conta coa colaboración de expertos e profesionais sanitarios, así como entrevistas e testemuñas.

0.1904628276825