Friol acolle este domingo o espectáculo 'O Xacobeo dos veteráns', con Pepo Suevos e Dani Dopazo

LugoXa | TerraChaXa
O espectáculo aposta pola música e o humor como elementos para compartir vivencias e favorecer a participación do público
espectaculo-pepo-suevos-e-dani-dopazop
18 Oct 2026

O Centro Sociocultural de Friol acolle hoxe, domingo 18 de outubro, ás 18.00 horas, o espectáculo O Xacobeo dos veteráns, unha proposta que combina música, humor galego e participación do público, pensada especialmente para as persoas maiores.

A actuación estará protagonizada por Pepo Suevos e Dani Dopazo, que ofrecerán unha tarde de entretemento na que se mesturarán cancións de sempre, momentos de humor e lembranzas compartidas.

A iniciativa busca crear un espazo de encontro e convivencia para que os asistentes poidan gozar dunha tarde diferente, lembrar experiencias e rir en compañía. O espectáculo aposta pola música e o humor como elementos para compartir vivencias e favorecer a participación do público.

O alcalde de Friol animou a veciñanza a achegarse ao Centro Sociocultural e participar nesta proposta cultural, coa que se pretende ofrecer unha actividade de lecer especialmente dirixida aos maiores do municipio.

 

0.10060095787048