Friol acollerá unha gala de baile o domingo

LugoXa | TerraChaXa
O evento celebrarase a partir das 18.00 horas e está concibido como unha tarde dedicada ao ritmo, ao talento e ao espectáculo, aberta a persoas de todas as idades
gala-de-baile-friol
6 Jun 2026

A Praza Andón Cebreiro de Friol converterase o domingo, 7 de xuño, no escenario da primeira edición da Gala de Baile, unha iniciativa organizada por Nerea Cobas coa colaboración do Concello de Friol.

O evento celebrarase a partir das 18.00 horas e está concibido como unha tarde dedicada ao ritmo, ao talento e ao espectáculo, aberta a persoas de todas as idades. A gala contará con actuacións de baile e música en directo, nunha proposta pensada para o desfrute tanto do público local como dos visitantes.

Desde a organización animan á veciñanza a asistir a esta cita cultural e de lecer, que busca reunir familias e grupos de amigos arredor da danza e da música nun ambiente festivo e participativo.

A actividade pretende consolidarse como un novo espazo de encontro para os afeccionados ao baile e ás artes escénicas, ofrecendo unha programación variada e accesible para todos os públicos.

0.11946511268616