Friol celebrará o magosto do grupo Activa-Mente o vindeiro 19 de novembro

LugoXa | TerraChaXa
A actividade, organizada coa colaboración de AFALU Alzheimer, será un encontro arredor das castañas, a conversa e as lembranzas
magosto-friol
16 Nov 2026

O grupo Activa-Mente de envellecemento saudable de Friol celebrará o vindeiro xoves 19 de novembro, ás 17:30 horas, o seu tradicional magosto no Centro Colaborativo de Friol.

A actividade, organizada coa colaboración de AFALU Alzheimer, será un encontro arredor das castañas, a conversa e as lembranzas dunha tradición moi arraigada na cultura galega.

Durante a xornada, as persoas participantes compartirán castañas, conversas e recordos sobre como se celebraban os magostos antigamente. Será tamén unha ocasión para intercambiar historias, fortalecer os vínculos entre os membros do grupo e crear novos momentos de convivencia.

Desde Activa-Mente destacan a importancia deste tipo de encontros para fomentar as relacións sociais, compartir experiencias e manter vivo o vínculo coa contorna e coas tradicións populares.

O magosto terá lugar no Centro Colaborativo de Friol a partir das 17:30 horas.

0.22077584266663