Friol celebrará o próximo venres a Festa da Xuventude
Este venres día 19 de agosto tivo lugar a presentación da Festa da Xuventude 2022 no Concello de Friol por parte do equipo de Goberno e un gran número de rapaces e rapazas da localidade en representación de toda a xente moza do pobo.
O Concello continúa a súa programación de época estival coa celebración da Festa da Xuventude o venres 26 de agosto. Iniciarase a velada ás 21:00 horas con unha gran churrascada e pancetada no Parque Rosalía de Castro, con pan e bebida totalmente gratuítos, e sobre as 00:00 horas dará comezo a verbena, na Praza Andón Cebreiro, a cargo do grupo Top Lider e Orquestra Metrópolis, que actuarán ata ben entrada a madrugada.
O alcalde, José Angel Santos, espera a asistencia e participación da xente moza en este día tan especial e desexa que desfruten de unha tarde e noite inesquecibles para toda a xuventude do municipio de Friol. O rexedor indica que “a xente moza é moi importante para un Concello coma o noso, e para toda a sociedade en xeral, polo tanto, tamén é importante para este Equipo de Goberno, feito que intentamos demostrarlles coa celebración de esta festa que se organiza e leva a cabo para o desfrute e participación da xuventude de Friol e dos que queiran acercarse ata o noso municipio”.