Friol estrea unha canle oficial de WhatsApp para achegar a información municipal á veciñanza

LugoXa | TerraChaXa
Esta iniciativa pretende reforzar a proximidade entre a Administración local e a cidadanía, ofrecendo unha nova vía para coñecer de primeira man as novidades e cuestións que afectan ao día a día do municipio
wasap-friol
13 Oct 2026

O Concello de Friol vén de poñer en marcha unha canle oficial de WhatsApp coa que pretende mellorar a comunicación coa veciñanza e facilitar o acceso directo, rápido e sinxelo á información municipal.

O alcalde, José Ángel Santos Sánchez, anunciou a posta en funcionamento desta nova ferramenta, coa que o goberno local busca manter a poboación informada sobre a actualidade do municipio sen necesidade de recorrer a intermediarios.

A través da canle, as persoas usuarias poderán recibir avisos importantes, información sobre actividades e eventos, novidades municipais e datos relacionados cos servizos de interese. Tamén se contempla a difusión de comunicacións e avisos sobre incidencias.

Segundo explica o rexedor, esta iniciativa pretende reforzar a proximidade entre a Administración local e a cidadanía, ofrecendo unha nova vía para coñecer de primeira man as novidades e cuestións que afectan ao día a día do municipio.

O Concello anima a veciñanza a subscribirse á canle oficial para recibir as comunicacións directamente nos seus teléfonos móbiles. A incorporación pode realizarse a través da seguinte ligazón.

Baixo o lema «Friol, sempre preto de ti», o goberno municipal aposta por incorporar novas ferramentas dixitais para mellorar a información pública e fortalecer a conexión coa veciñanza.

0.16638398170471