Friol organiza de novo os campamentos de verán a partir do 22 deste mes

LugoXa | TerraChaXa
Esta actividade de verán comezará o día 22 de xuño e rematará o 4 de setembro e o prazo para inscribirse xa está aberto
campamento-acampada-veran
Cartel
7 Jun 2026

O Concello de Friol segue apostando por fomentar o deporte e os bos hábitos entre a poboación máis nova. Para iso opta por celebrar este verán, a unha nova edición dos campamentos de verán, onde haberá unha gran parte da programación dedicada ao deporte con atletismo, teatro, movemento rítmico, deporte, piscina e xogos cooperativos.

O prazo para inscribirse en estes campamentos xa está aberto. Pode realizarse nas oficinas do Concello de Friol, ou tamén a través do correo electrónico info@concellodefriol.es. As prazas cubriranse por orde de inscrición, e terán preferencia os veciños e veciñas de Friol, por diante dos non empadroados. 

Esta actividade de verán comezará o día 22 de xuño e rematará o 4 de setembro. Realizarase en horario de mañá (10.00 a 14.00 horas) para os participantes con idades entre os 3 e os 14 anos.

O prezo do campamento será de 60 euros ao mes para os veciños e de 40 para os irmáns. Para os de fóra o prezo sobe a 130 euros e 90 para irmáns.

Os prezos por semana será de 20 euros (10 para irmáns) e de 45 (30 para irmáns).

Haberá tamén servizo de madrugadores desde as 8.00 por un prezo de 10 euros adicionais por semana para veciños e de 20 para foráneos. Para poñelo en marcha será necesario un mínimo de 15 nenos por día.

0.12753510475159