Friol será o primeiro municipio no que se repetirán as rutas guiadas do GDR

LugoXa | TerraChaXa
Será o día 26 de outubro, sábado, en horario de mañá e haberá un xantar opcional
excursion-guido-guia-friol-gdr-4
30 sep 2024

O GDR-4 e os concellos do xeodestino Comarca de Lugo e as Terras da Ulloa (Antas de Ulla, Castroverde, O Corgo, Friol, Guntín, Monterroso, Outeiro de Rei, Palas de Rei, O Páramo e Rábade) repetirán este ano as camiñadas turísticas que se estrearon o ano pasado e que se celebran co apoio de Turismo de Galicia e a dirección de Guido Guía.

Celébrase esta segunda edición avalados polo éxito do primeiro ciclo, que tivo un promedio de 127 asistentes por xornada. Friol será nesta ocasións o primeiro dos lugares onde se retomen estas rutas o 26 de outubro, sábado. Como no resto das xornadas será unha actividade gratuíta e terá como punto de arranque e final do paseo guiado a Praza Andón Cebreiro. O horario previsto é de 11.00 a 14.00 horas.

A maiores do paseo está previsto facer un xantar que contará cun menú especial con produtos da comarca, deseñado e ofrecido pola Taberna de Friol (reservando no teléfono ).

Este proxecto enmárcase nunha estratexia global do Xeodestino e o GDR-4, que xunto a Guido Álvarez Parga programan esta iniciativa que procura poñer en valor as riquezas culturais, históricas, naturais, gastronómicas e artísticas de todos os concellos deste territorio.

0.15982604026794