Galicia amplía o crédito das axudas á modernización nos portos e lonxas

TerraChaXa | LugoXa
A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou á lonxa de Testal, en Noia, coincidindo coa publicación esta semana no Diario Oficial de Galicia da ampliación en preto de 680.
IMG 20180510 WA0004
4 Xul 2020

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, visitou á lonxa de Testal, en Noia, coincidindo coa publicación esta semana no Diario Oficial de Galicia da ampliación en preto de 680.000 euros do crédito destinado á convocatoria de 2020 das achegas para a modernización das instalacións portuarias, das lonxas e dos lugares de desembarque no marco do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca. Este incremento súmase á cantidade inicial de 2,5 millóns de euros destinada para este fin na convocatoria publicada no DOG o 6 de febreiro, o que supón un importe total de máis de 3 millóns de euros.

Estes apoios para a modernización das instalacións portuarias, das lonxas e dos lugares de desembarque están dirixidos ás confrarías de pescadores e con eles impúlsanse proxectos de mellora da eficiencia enerxética, onde se enmarcan por exemplo, a modernización da iluminación interior con tecnoloxía led ou proxectos de aforro enerxético nas instalacións de frío, entre outros.

Tamén son obxecto de apoio as iniciativas de mellora da seguridade e condicións de traballo dos pescadores, entre eles os sistemas de varada de embarcacións, os guindastres para a descarga de produtos da pesca e casetas desmontables para vestiarios dos profesionais do marisqueo. Outros investimentos subvencionables son os relacionados coa mellora da calidade dos produtos desembarcados, como os contedores e equipos de limpeza para lonxa e os produtores de xeo.

Este tipo de equipamentos facilitan e melloran as condicións de traballo do sector e contribúen á mellora da súa competitividade. Ao mesmo tempo favorecen o desenvolvemento e a sustentabilidade da pesca costeira artesanal que realiza a súa actividade nas lonxas e portos de Galicia. Ademais estes equipamentos son importantes para as lonxas como a de Testal, que destaca pola súa aportación ao marisqueo de Galicia co berberecho como especie estrela.

0.21764302253723