Gerardo Criado toma posesión como xefe territorial na Xunta

TerraChaXa | LugoXa
Gerardo Criado Guizán tomou posesión esta mañá como novo xefe territorial en Lugo de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias.
mapa malla
14 Dec 2020

Gerardo Criado Guizán tomou posesión esta mañá como novo xefe territorial en Lugo de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, segundo informou hoxe o delegado territorial da Xunta, Javier Arias.

Gerardo Criado, licenciado en Veterinaria, ten unha dilatada traxectoria na xestión pública, na que destaca o paso pola alcaldía da súa Vilalba natal, entre 2005 e 2016, e posteriormente como senador durante unha lexislatura.

O xa novo xefe territorial da Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo asegurou trala toma de posesión que “trátase dunha etapa ilusionante e como calquera novo reto, tamén apaixonante, cun novo traballo no que unha vez máis póñome ao servizo dos veciños e veciñas de Lugo”. Entre as moitas funcións que levará a cabo no seu novo cargo, Criado Guizán fala con entusiasmo de “traballar nunha administración que está preto dos cidadáns, cun funcionamento cada vez máis áxil, eficaz e próximo”. Insiste neste aspecto e comenta que “a Xunta de Galicia está a dar un paso máis aló na axilización da burocracia e dos trámites administrativos, en beneficio dos cidadáns. É un novo impulso ás políticas do Goberno Galego, tan importantes en calquera etapa, e que a longo prazo permitirán saír airosos desta crise que estamos a vivir”.

0.094170808792114