Gontá celebra as súas festas esta fin de semana

LugoXa
Gontá, en Palas de Rei da comezo mañá venres as súas festas parroquiais con un fin de semana cheo de música
Festas gonta portada 2
1 sep 2022

Gontá da comezo mañá venres 2 de setembro as súas festas con unha verbena a cargo do grupo Alba e unha actuación de Dj Panu.

O sábado ás 13.00 terá lugar unha misa e procesión para continuar coa sesión vermú a cargo da orquestra Stereo. Xa pola tarde, ás 18.00 haberá unha foliada aberta a todos os que queiran participar co grupo A.C.A Fonte de Merlan. A verbena da noite correrá a cargo da orquestra Stereo e Dj David Expósito.

O domingo o día comezará ás 13.00 coa misa e a procesión par continuar con unha sesión vermú a cargo do dúo Carpe Diem. Ás 18.00 haberá inchables gratis para os máis pequenos e a partir das 20.00 a verbena estará amenizada polo grupo Carpe Diem.

Festas
0.18002605438232