Gonzalo Fernández presenta o libro sobre a súa experiencia migratoria en Navia

Gonzalo Fernández presenta Memorias de un emigrante naviego, unha historia de superación e dun alto valor sociolóxico, na Casa do Concello de Navia
concello_navia
Casa do Concello
17 Maio 2024

Gonzalo Fernández presenta Memorias de un emigrante naviego na Casa do Concello de Navia este sábado a partir das 19.30. Trátase dun un relato conmovedor e realista no que o seu autor narra en primeira persoa como deixa a súa casa e a aldea de Vilarantón sendo un neno, como chega a Barcelona, como é recibido, como se adapta e como comeza para el unha nova vida lonxe do seu fogar e dos seus pais.

Como medra, como se vai formando, como comeza a súa traxectoria profesional, como supera chanzos e como chega a converterse nunha persoa imprescindible dentro da estrutura da empresa internacional para a que traballa. Morriña, carencias afectivas insubstituíbles, primeiros amores, creación dunha familia propia, ausencias, relacións profesionais… A cara A e a cara B da vida contada con autenticidade e fondura.

Unha historia de superación e dun alto valor sociolóxico ca que moitos naviegos e naviegas, e de tantos outros lugares, que viviron a experiencia da emigración poderán sentirse identificados.  E, quen non a viviu, a través da lectura de Memorias de un emigrante naviego poderá comprendela moito mellor.

memorias_dun_emigrante
0.22331285476685