Gonzalo Fernández vén de tomar posesión como decano da Facultade de Veterinaria de Lugo

LugoXa
O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, salientou que “temos que estar orgullosos da Facultade que temos"
novo-decano-Veterinaria-Lugo-Gonzalo
30 Out 2024

Gonzalo Fernández vén de tomar posesión como decano da Facultade de Veterinaria de Lugo, apelando á unidade e ao servizo público da docencia.

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela, Antonio López Díaz, salientou que “temos que estar orgullosos da Facultade que temos, xa que todos formamos parte dun proxecto común e só dende unha unidade consensuada e a colaboración podemos ter posibilidades de éxito”.

O profesor da USC e agora decano de Veterinaria, Gonzalo Fernández sostivo que "queremos ser ambiciosos xa que, como se demostrou ao longo da historia desta facultade, o compromiso de todos os sectores que formamos esta comunidade superou situacións e obtivo resultados moi superiores aos que era de esperar polas circunstancias de cada momento”.

Pola súa parte, o reitor argumentou que "foi un acerto traer os estudos de Veterinaria a Lugo”, lembrou, por mor, entre outros aspectos “da vinculación da provincia co sector primario”. Antonio López tamén se detivo na “posición excelente” que Veterinaria acada, de ano en ano, nos diferentes rankings internacionais de universidades, proba da “boa docencia, bos equipamentos e magnífica investigación” que se realiza do Campus de Lugo.

O reitor aproveitou a intervención para poñer o foco nalgúns dos retos máis inmediatos aos que se enfronta a Universidade no seu conxunto como son o relevo xeracional ou a evolución demográfica. Antonio López destacou que este centro e este campus “teñen unha capacidade moi grande para captar estudantado”.

0.18378686904907