Gran éxito do concurso de disfraces de adultos con máis de 350 participantes

LugoXa

O gran concurso de disfraces foi o prato forte da programación do martes de Entroido, esta vez a queda de adultos na que se rexistrou unha gran participación onde máis de 350 persoas deron forma ao desfile, que contou con 8 participantes individuais, 10 parellas e 17 comparsas todos con disfraces moi elaborados.

Entroido3 comparsa adultos
Entroido3 comparsa adultos
22 feb 2023

O gran concurso de disfraces foi o prato forte da programación do martes de Entroido, esta vez a queda de adultos na que se rexistrou unha gran participación onde máis de 350 persoas deron forma ao desfile, que contou con 8 participantes individuais, 10 parellas e 17 comparsas todos con disfraces moi elaborados. O xurado estivo composto por Ana Carreira Varela, contacontos; Elena Sánchez Tendás, representante da EASD Ramón Falcón e Juan José López Martínez Lomarti, pintor.

Nas categorías Individual e Parellas, repartíronse os 3 premios, recaendo o primeiro (500€ en Individual e 600€ en Parellas) para León e o seu domador dos carozos de millo (individual) e Vaia circo montou o Mimosín (parellas), o segundo (300€ en Individual, 400€ en Parellas) para O protector da natureza (individual) e A parella do xardin (parellas), e o terceiro premio (200€ en individual e 300€ en parellas) para Dama do rural (individual) e Circus-Cus(parellas).

As comparsas gañadoras foron Viaxa con nós (1º premio, 1.100€) unha representación dos principais monumentos da provincia, Deuses do antigo Exipto (2º premio, 800€) e Vai de balcóns (3º premio, 600€)

A maiores, na categoría individual entregáronse 3 accésits, valorados en 50€ cada un para Vou camiñando Moria, Hulk Ragnasok e Deusa do mar. Na categoría de parellas entregouse tamén 5 accésits valorado en 100€ para En busca do Dourado, Polbo á feira, Domadoras de leóns, Son de mar e Glu, glu! Coma peixes na auga!. Na categoría de Comparsas entregáronse sete accésits de 200€ aos grupos Casa Jubenolare, Circo Musdavan, O tragabolas, Os danzantes do Entroido, O bosque encantado de Bóveda, Futuristas Inconformistas e Circo Monolus.