Grupos de escolares visitan a praza de Abastos e o Mercado Municipal

LugoXa
Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e Cristina López, responsábel da área de Participación, recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos que participaron nas visitas escolares á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal organizadas pola Tenencia de Alcaldía.
grupos escolares mercado municipal
grupos escolares mercado municipal
27 nov 2023

Rubén Arroxo, Tenente Alcalde do Concello de Lugo e Cristina López, responsábel da área de Participación, recibiron na Praza de Abastos a un grupo de nenas e nenos que participaron nas visitas escolares á Praza de Abastos e ao Mercado Municipal organizadas pola Tenencia de Alcaldía. A concelleira Cristina López explicou que o obxectivo desta actividade é conseguir que as nenas e nenos “coñezan a importancia da alimentación e que ao mesmo tempo visiten a Praza de Abastos e coñezan os produtos de primeira calidade que se comercializan nestas instalacións”.

As visitas foron ofertadas a todos os centros de ensino de Lugo, e nelas, as nenas e nenos teñen a opción de realizar unha visita guiada á praza, onde coñeceron os distintos postos de ámbalas dúas instalacións municipais, e produtos e a importancia do comercio de proximidade e dos produtos ecolóxicos e de KM0. “Trátase dunha actividade que supuxo un gran éxito o ano pasado e que deu visibilidade a estas dúas instalacións e aos diversos profesionais que traballan nela”, explicou Cristina López.

“Continuamos a traballar para dinamizar a praza con este tipo de actividades, que permiten que as nenas e nenos coñezan as instalacións e os distintos postos”, afirmou Cristina López, que engadiu "buscamos que a veciñanza de Lugo aposten por realizar as súas compras na Praza e no Mercado, desfrutando da atención personalizada das e dos distintos comerciantes da instalación".