Guitiriz organiza este mes 38 novos cursos de formación
Concello de Guitiriz ofrece para o mes de decembro 38 cursos gratuítos e telemáticos grazas ao acordo de colaboración alcanzado con Foro de Formación y Edicions SL.
As accións formativas, que comezaron en novembro e irán renovándose mensualmente, abarcan un amplo abano de sectores como o do metal, alimentación, química, agricultura, medio ambiente, construción... Por exemplo, os interesados e interesadas poderán formarse en Xestión de crises alimentarias, Técnico en Enerxía Hidráulica, Extinción de Incendios Forestais, Nutrición e Dietética ou Enerxías renovables, especialidade biomasa, entre outros.
Os cursos levaranse a cabo a través das plataformas do Foro de Formación y Ediciones e estarán supervisados por profesionais con ampla experiencia no sector. Unha vez rematada a formación, os alumnos serán acreditados co título que lles recoñece que fixeron a formación e superaron as diferentes probas. Recibirán un título homologado pola Fundae e toda a acción formativa estará supervisada polo SEPE, o que avala a garantía e o rigor da ensinanza.
Para anotarse en calquera dos cursos hai que poñerse en contacto co Concello vía telefónica a través do 982 370 109.
Consulta a listaxe de cursos neste enlace