Guntín abre o prazo de matrícula para o Punto de Atención á Infancia

LugoXa
O Concello de Guntín vén de abrir o prazo de matrícula para o vindeiro curso no Punto de Atención á Infancia da localidade.
1 PAI GUNTIN
1 PAI GUNTIN
10 Xul 2023

O Concello de Guntín vén de abrir o prazo para matricular aos nenos, o vindeiro curso escolar 2023/2024, no Punto de Antención á Infancia (PAI) da localidade. Este centro estará aberto de luns a venres entre as 8.00 e as 16.00 horas.

Este PAI conta cunhas instalacións modernas, amplias e equipadas, deseñadas para atender á seguridade da infancia. Con actividades adaptadas á idade, traballarán no desenvolvemento emocional, cognitivo, afectivo e motor dos nenos usuarios.

Para inscribirse o concello pon a disposición da cidadanía o teléfono da Casa Consistorial, 982 320 001; ou o do Punto de Atención á Infancia 699 835 287. O prazo remata o día 15.

PAI GUNTIN
0.19517302513123