Guntín celebra a San Salvador coas súas grandes festas
Guntín celebra a vindeira fin de semana as súas festas patronais na honra de San Salvador. Así, o municipio vístese de celebración entre o 2 e o 4 de xullo con diferentes actividades e moita música.
Así, a celebración arranca o sábado 2 de xullo coa misa solemne en honor a San Salvador, ás 13.30 horas. A continuación, a orquestra Status será a encargada de amenizar a sesión vermú e, tamén, a verbena á noite.
O domingo 3, repítese a celebración da misa solemne. Esta vez, será a Banda Municipal de Guntín a que dea o que musical á sesión vermú. A verbena corre a cargo da orquestra Saudade.
O luns 4 continúa a festa, logo de ser elixido festivo local. De novo, a misa solemne será a encargada de arrancar a celebración á que seguirá a sesión vermú a cargo do dúo Epo-K. Á noite, gran verbena fin de festa coa orquestra El Combo Dominicano.