Guntín celebrará o Entroido cunha festa infantil no pavillón municipal o 16 de febreiro

LugoXa
A cita comezará ás 16.00 horas con inchables, merenda e entrada gratuíta para as familias socias da ANPA
pavillon-Guntin
11 Feb 2026

O pavillón municipal de Guntín acollerá o luns 16 de febreiro unha nova celebración do Entroido pensada especialmente para a cativada. A xornada festiva arrancará ás 16.00 horas e ofrecerá unha tarde chea de actividades lúdicas, con inchables e merenda para todas as persoas participantes.

A organización prevé un ambiente familiar no que non faltarán a música, os disfraces e a animación propia destas datas, convertendo o recinto deportivo nun espazo de encontro para a veciñanza máis nova do municipio.

No que respecta ás entradas, as familias socias da ANPA poderán acceder de balde, mentres que as persoas non socias deberán aboar 5 euros. Neste caso, os billetes estarán dispoñibles no Concello de Guntín e no Colexio de Lousada.

⚙ Configurar cookies
0.084027051925659