Guntín, escenario do III Torneo Corresponsais de Boxeo
O Pavillón Municipal de Guntín (Lugo) acollerá o III Torneo Corresponsais de Boxeo o próximo domingo 13 de outubro ás 11.00 horas. O evento, organizado polo Concello de Guntín, o Boxing Club Cidade de Lugo e a Federación Galega de Boxeo, incluirá tanto o Campionato de Formas como o Campionato de Boxeo en Idade Escolar.
Esta actividade está financiada pola Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral para o Deporte, dentro do marco do Plan Corresponsables. Este programa busca promover o deporte e os valores asociados ao mesmo entre a mocidade.
Ademais, o torneo conta coa participación de diferentes personalidades do ámbito deportivo e social, que foron os encargados de presentar o cartel oficial do evento. Entre eles atópase a mascota "Comba", que simboliza os valores do boxeo.