Guntín mellora o acceso a Lousada de Baixo para reforzar a seguridade viaria

LugoXa
A intervención busca optimizar as condicións de circulación nun punto frecuentado pola veciñanza
mellora-lousada-de-abaixo-guntiin
31 Mar 2026

O Concello de Guntín vén de executar unha actuación de mellora no acceso a Lousada de Baixo desde a estrada LU-1611-P, co obxectivo de facilitar a mobilidade e incrementar a seguridade viaria nesta zona do municipio.

A intervención busca optimizar as condicións de circulación nun punto frecuentado pola veciñanza, contribuíndo a facer máis seguros e cómodos os desprazamentos diarios.

Desde o goberno local destacan que este tipo de actuacións forman parte do compromiso municipal por mellorar as comunicacións no rural e atender as necesidades da cidadanía, co fin de favorecer a calidade de vida no conxunto do territorio.

0.12478494644165