Guntín prepara unha nova edición da súa carreira popular este domingo

Guntín celebrará este domingo, 4 de outubro, unha nova edición da Carreira Concello de Guntín, unha xornada deportiva que incluirá unha andaina e diferentes probas adaptadas ás distintas idades.
A programación comezará ás 10:00 horas coa andaina. Posteriormente desenvolveranse as carreiras infantís, coa primeira proba, dirixida a nenos e nenas nados en 2019 e posteriores, ás 11:30 horas.
Ás 11:45 horas terá lugar a segunda carreira, para participantes nados entre 2018 e 2015, mentres que ás 12:00 horas será a quenda da terceira categoría, destinada aos anos de nacemento comprendidos entre 2014 e 2011.
A xornada rematará ás 12:30 horas coa carreira absoluta, aberta ás persoas nadas en 2010 e anos anteriores.