Guntín recibe a unidade móbil de Coidados porta a porta este mes

LugoXa
A Casa da Cultura de Guntín acollerá dende o 12 de agosto a unidade móbil do programa Coidados porta a porta.
coidados baralla
coidados baralla
8 oct 2023

O Concello de Guntín contará coa visita da unidade móbil de Coidados porta a porta os vindeiros 20, 23 e 24 de outubro. Esta iniciativa de saúde, financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation, achega aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado na Casa da Cultura da localidade, segundo informa o Goberno local entre as 9.00 e as 20.00 horas.

Os servizos, que se prestarán, preferentemente baixo cita previa, ás persoas que se acheguen, serán o de audioloxía, cunha revisión e unha valoración auditiva; o de podoloxía, para a prevención, diagnóstico e tratamento das principais patoloxías dos pés;  o servizo de prevención do alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas co que se farán probas de valoración cognitiva, exercicios e actividades de estimulación funcional e envellecemento activo, prevención da soidade non desexada e promoción da autonomía persoal.

Para reservar cita, ou solicitar máis información, pódese facer nos teléfonos 622 748 283 ou 623 546 992.

As unidades móbiles dispoñen de acceso para persoas con mobilidade reducida (conta con plataforma elevadora).

coidados porta a porta guntin