Guntín: Ruta do Río Ferreira

LugoXa
Este fermoso roteiro en Guntin permite desfrutar dun entorno natural privilexiado e coñecer lugares de gran riqueza histórica
Ferreira de pallares portada
25 sep 2022

Un roteiro de 1,5 horas de duración e un total de 3 quilómetros  de fácil recorrido

Este fermoso roteiro en Guntin ten a súa saída da área recreativa de Os Campos de Meixaboi e discorre a maior parte do seu traxecto pola marxe esquerda do río Ferreira, por un camiño perfectamente pavimentado e iluminado, ata chegar a Ponte Cabalar, ponte que une as marxes do río Ferreira.

Deixando a ponte á nosa dereita tomamos dirección estrada arriba para percorrer un pequeno tramo asfaltado e incorporarnos a un carreiro que estará situado a nosa dereita. A través deste camiño de terra chegaremos ao núcleo de Santa María de Ferreira de Pallares, onde poderemos admirar a igrexa monasterial de Santa María de Ferreira de Pallares e o propio mosteiro, declarado ben de interese cultural.

O mosterio fundado no ano 909 polos condes Don Ero e Doña Elvira garda grandes historias entre as súas paredes. Unha das paredes do priorato-rectoral ten unha pedra con motivos castrenses que se poden identificar como pertencentes a anterior iglesia visigótica. De este periodo alto medievo é tamén un sepulcro de tipoloxía xa antropomorfa facendo de pilón nunha fonte cerca del complejo monasterial.

Todo o conxunto actual, a excepción do priorato rectoral, que garda preciosos segredos no seu inteior é obra de catro etapas fundamentais. A primeira delas pertence á estrutura románica da igrexa, na segunda etapa realizouse a capela panteón da Taboada. Posteriormente realizouse a construccón do claustro e finalmente a torre.

Ademais desta impresionante riqueza histórica que se pon de manifesto en lugares como a Ponte Cabalar, a antiga ferrería dependente do Mosteiro de Ferreira de Pallares, e o propio mosteiro podemos desfrutar da súa gran riqueza natural o longo de todo o recorrido a carón do río Ferreira.

Se queremos realizar unha ruta máis longa podemos continuar polo camiño que discorre preto do río Ferreira e a carretera para coñecer diferentes pobos como Vilaxuste, Vilar, Domez, Frameán, Vilamerelle ou San Vicente nun recorrido circular que volve a Guntín

Ruta guntin
Ruta Guntin 1
Ferreira de pallares
3.4488270282745