Haberá restricións de estacionamento no Ceao por labores de poda

LugoXa

Con motivo da finalización de diferentes traballos de poda no Polígono do Ceao quedaron sinalizadas as correspondentes restricións de estacionamento nas rúas dos Artesáns e da Industria co fin de permitir os labores de conservación e mantemento do arboredo urbano que se levarán a cabo por parte desta área municipal mañá, sábado, 14 de xaneiro.

13 ene 2023

Así mesmo, o vindeiro domingo, día 15, se procederá ao corte dun carril de circulación en ambos os sentidos da Avenida Benigno Rivera entre as devanditas vías (rúa dos Artesáns e da Industria), concretamente do máis próximo á mediana onde se atopan os exemplares a podar.

O edil, Miguel Fernández, trasladou, alén, que as tarefas foron programadas durante a fin de semana para ocasionar as menores molestias posibles á cidadanía e non afectar á actividade do propio Parque Empresarial.