Henry Méndez e a orquestra Cinema estarán nas festas do barrio de Paradai
O barrio de Paradai, en Lugo, celebra un ano máis as súas festas neste mes de setembro, os días 26, 27, 28 e 29. Comezan o xoves ás 16.00 horas da tarde coa apertura dos carruseis. O pregón será ás 20.30 horas e a festa comezará ás 22.30 horas coa actuación da orquestra Cinema.
O venres continúa o programa coa apertura das atraccións pola tarde e a actuación grupo Beatriz dende as 22.30 ás 00.30 horas e dende as 02.00 ata as 03.00 horas. Ademais, ofrecen a actuación, tamén de balde, de Henry Méndez a partir das 02.00 horas. O sábado segue o programa con pasacalles a cargo dun grupo de gaiteiros e unha actuación. Os carruseis abrirán ás 13.00 horas e a esa hora tamén comeza a sesión vermú da man do grupo Rubí que tamén amenizará a verbena dende as 22.30 horas.
Pola tarde, o grupo Tambukda actuará polas rúas e á noite estarán tamén as solistas Almudena López e Verónica Cambón. Rematan as súas festas o domingo 29, Día do Neno. A partir das 10.00 horas haberá unha presentación de coches clásicos, seguida da apertura de carruseis, de misa solemne e sesión vermú co dúo Charada. Dende as 17.00 horas a cativada poderá gozar dos carruseis con descontos.