Hoxe dan comezo as festas en Santa María Alta
LugoXa
Hoxe venres 9 de setembro dan comezo as festas en Santa María Alta, parroquia de Lugo que durarán ata o domingo 11
9 sep 2022
Hoxe venres 9 de setembro dan comezo as festas en Santa María Alta, parroquia de Lugo, con unha churrascada popular para cear e a continuación unha verbena amenizada polo dúo Estrellas e a orquestra Paris de Noia.
O sábado as celebracións darán comezo ás 13.30 con unha misa e procesión para continuar con unha sesión vermú a cargo da orquestra Galaxia que serán tamén os encargados de amenizar a verbena da noite.
O domingo celebrarase unha misa con procesión ás 13.30 e para finalizar as festas unha sesión vermú a cargo do dúo eclipse.