Humana vai proceder ao precintado temporal dos contedores de Ribadeo
Humana vai proceder ao precintado temporal dos contedores de recollida de roupa que ten instalados en Ribadeo. Así llo comunicou a organización nas últimas horas ao concelleiro de Medio Ambiente, Jorge Díaz Freije.
Humana subliña que, como consecuencia da crise sanitaria global que estamos a sufrir, vai suspender de xeito temporal o servizo de recollida selectiva de téxtil en Ribadeo. E explican que esta medida tamén foi adoptada noutros municipios e cidades españolas, como parte do plan de redución paulatina do servizo prestado, para adecuarse ao desfavorable contexto actual.
Desde Humana sinalan que o seu obxectivo é reanudar o servizo en Ribadeo en canto as circunstancias o permitan.
Jorge Díaz Freije pídelle á veciñanza que “non acuda a depositar roupa aos contedores de Humana ata novo aviso. En canto a firma poida retomar o seu traballo informaremos convenientemente á poboación. As circunstancias actuais obrígannos a mudar as nosas boas costumes, que agardamos retomar en canto sexa posible”.