II edición Que reine o bo trato en Portomarín
Tralo éxito do ano anterior onde os veciños de Portomarín amosaron a unión na #LoitaContraAViolenciaDeXénero este ano celébrase a II edición Que reine o bo trato.
O próximo domingo día 26 de setembro realizaráse a andaina popular dende O Castro de Castromaior ata a vila de Portomarín.
Os participantes o longo da andaina participarán na búsqueda do tesouro da igualdade no Camiño de Santiago a través da búsqueda en familia de diferentes pistas.
Finalizada a andaina, no xardín dos Parabéns ofreceráse un picnic para o xantar e faráse entrega dos tesouro da igualdade. Na xornada da tarde terá lugar un contacontos para os máis pequenos ás 16.30 no pavillón municipal.
Dende a praza do Concello ao Castro de Castromaior ás 10.30 horas sairán os autobuses e pregan puntualidade aos participantes. Aqueles que acudan pola súa conta saída ás 11.00 dende Castromaior.
Para a realización da andaina recoméndase levar roupa deportiva e é obrigatorio o uso da máscara.
As inscricións poderán facerse ata o xoves día 23 na páxina web municipal poderáse descargar a folla de inscripción ou ben na oficina de rexistro do Concello, onde deberá de ser entregada.
Haberá aforo limitado por asignación de prazas por orde de inscripción.