Iker Unzueta reforza o ataque do CD Lugo para a tempada 2025/26

LugoXa
O dianteiro biscaíño chega ao Anxo Carro cun contrato dun ano e outro opcional segundo obxectivos
Iker-Unzueta
13 Aug 2025

O Club Deportivo Lugo e o futbolista Iker Unzueta chegaron a un acordo para a incorporación do dianteiro ao primeiro equipo de cara á tempada 2025/26.

Natural de Abadiño e nacido en 1998, Unzueta reforzará a liña ofensiva do conxunto albivermello, achegando mobilidade, traballo e instinto goleador, co obxectivo de imprimir verticalidade, intensidade e eficacia nos últimos metros.

A pesar da súa mocidade, conta cunha ampla experiencia no fútbol español, con setenta partidos disputados en Segunda División e máis de setenta encontros entre a antiga Segunda B e a actual Primeira Federación. Na súa traxectoria vestiu as camisetas da SD Logroñés, SD Amorebieta, o Vizela de Portugal e, máis recentemente, a SD Huesca, acumulando máis de trinta goles.

Unzueta asina por unha tempada, con outra opcional en función do cumprimento de obxectivos pactados.

⚙ Configurar cookies
0.081990003585815