Impartirán on line un obradoiro de produtos de limpeza ecolóxicos dende Outeiro
O Concello de Outeiro de Rei oferta dentro da Programación de Actividades da Muller 2021 un obradoiro de Produtos de limpeza ecolóxicos on line, actividade aberta á participación de todas as persoas interesadas, sobre todo aquelas que teñan especial preocupación polo coidado da saúde e do medio ambiente e para o que é preciso ter acceso a internet e unha conta de correo electrónico.
O curso terá lugar os luns 18 e 25 de outubro en horario de 17:00 h a 19:00 h e ten unha cota de inscrición de 5 €.
Para este curso ofertaranse 25 prazas que serán cubertas por orde de solicitude, tendo preferencia as persoas empadroadas no Concello de Outeiro de Rei; o plazo de inscrición permanecerá aberto do 1 ao 15 de outubro ou ata cubrir prazas.
Pódese acadar máis información no teléfono 982 393 408 ou nas oficinas da Casa da Cultura.