Impulsa Igualdad e Auxilia Lugo organizan un curso gratuíto de asistencia persoal en Lugo

LugoXa
A acción formativa, que dará comezo o vindeiro 20 de maio, desenvolverase de maneira presencial en Lugo durante tres semanas
casa-clara-campoamor
30 Apr 2026

A entidade Impulsa Igualdad Galicia, en colaboración con Auxilia Lugo, pon en marcha un curso gratuíto de formación en Apoio Persoal a persoas con discapacidade, unha iniciativa aberta a toda a cidadanía interesada en formarse neste ámbito social.

A acción formativa, que dará comezo o vindeiro 20 de maio, desenvolverase de maneira presencial en Lugo durante tres semanas. As sesións terán lugar na sede de Auxilia Lugo, situada na Avenida Infanta Elena, 11 (Casa Clara Campoamor), e celebraranse os mércores 20 e 27 de maio e 3 de xuño.

Este curso nace co obxectivo de dotar ás persoas participantes de coñecementos e habilidades específicas no apoio a persoas con discapacidade, un sector en crecemento e con demanda de profesionais cualificados. Ademais, desde a organización subliñan que esta formación contribúe a mellorar a empregabilidade, facilitando o acceso a futuras oportunidades laborais neste eido.

A formación é completamente gratuíta e está dirixida á poboación en xeral, sen necesidade de experiencia previa. Trátase dunha oportunidade para achegarse ao ámbito da asistencia persoal, coñecer boas prácticas e adquirir ferramentas útiles para o acompañamento e apoio a persoas con diversidade funcional.

As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa inscrición a través do correo electrónico habilitado pola organización.

Esta iniciativa conta co apoio da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social e Igualdade, no marco das accións destinadas a promover a inclusión e a igualdade de oportunidades.

0.13955688476562