Inauguradas as Xornadas Luis Asorey que durarán ata o 23 de novembro

LugoXa
O capital natural e os servizos ecosistémicos como base da nova economía centran a temática das XXXIII Xornadas Luis Asorey Rey
Inauguración xornadas Luis Asorey
Inauguración xornadas Luis Asorey
15 Nov 2022

Inaugurada a 33ª edición das xornadas Luís Asorey, que organiza a Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) coa colaboración da Deputación de Lugo e o Campus Terra. O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá polas tardes, de 19.00 a 21.00 horas, ata o vindeiro día 23 de novembro este ciclo de xornadas, que este ano se centran no patrimonio natural e os servizos ecosistémicos como base da nova economía.

O deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, abriu o foro xunto ao presidente da Academia Galega de Ciencia, Juan Manuel Lema Rodicio, e o Catedrático Antonio Rigueiro, coordinador das xornadas. O deputado de Promoción Económica e Social cualificou como “un acerto” a temática deste
ano e sinalou que se trata “dun exemplo de como avanzamos na comprensión e na integración do que significan hoxe as políticas medioambientais”. Defendeu o Deputado que “o coidado do medio ambiente pode e debe converterse nun elemento de desenvolvemento económico para os entornos rurais, buscando, por exemplo, a modernización do sector primario ou xerando sinerxías cun deseño de turismo intelixente que valora o coidado ambiental como un incentivo”.

Esta estratexia, subliñou, “é a que aplicamos na Deputación de Lugo, de maneira moi evidente na xestión das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá”. Un modelo, destacou, “que está dando froitos concretos, como por exemplo, a captación de novos fondos da Unión Europea por importe de un millón de euros para seguir impulsando este territorios”.

Lembrou Pablo Rivera que outro dos éxitos recentes destas políticas foi a Copa de España Creativa, un certame de ámbito nacional que recoñece proxectos innovadores para o desenvolvemento sostible e que o ano pasado gañou a Deputación cunha iniciativa de recuperación de soutos de castaños na Reserva dos Ancares, o que permitiu a Lugo ser sede do encontro Fórum Lugo 2022 a pasada semana. Tamén recordou o Life in common Land, un proxecto liderado pola Deputación co financiamento de Europa que, coa colaboración das Universidades de Santiago e A Coruña, implica ás comunidades locais para favorecer a conservación de hábitats prioritarios, únicos na Europa continental, e o aproveitamento sostible da riqueza da Serra do Xistral, que forma parte da Rede Natura 2000 e da Reserva da Biosfera Terras do Miño.

Pablo Rivera Capón recalcou que o medio ambiente da provincia de Lugo “constitúe unha reserva de capital natural e de biodiversidade inmensa, que temos que atesourar e coidar”, polo que, expuxo, é preciso, entre outras medidas, que o Plan de Prevención e Defensa dos Incendios Forestais (PLADIGA) se aprobe en tempo e forma, así como cambiar o modelo “para que poña o acento na prevención dos lumes, para evitar vernos sobrepasados cando chega o momento da extinción, xa que as novas condicións climáticas con veráns máis secos, con máis temperatura e moito vento, fan cada vez máis difícil controlar os lumes”.

“Estas son unhas xornadas de primeiro nivel académico e profesional. Galicia leva moitos anos levando ese enfoque ao coidado do medio ambiente. Espero que algún día contemos cun modelo e cuns servizos de protección e prevención de lumes que estean deseñados co mesmo criterio por quen ten a competencia de facelo”, argumentou o Deputado.

Programa Luis Asorey
Programa 2 luis aserey
0.16181612014771