Inauguran unha nova edición do Son d ´Aldea en Palas

LugoXa
O festival continuará cunha ruta teatral pola aldea da Graña
son-de-aldea-2024-iria-castro
7 sep 2024

O festival Son d ´Aldea inaugúrase en Palas de Rei coa presentación do libro A despedida. Iria Castro asistiu á xornada inaugural do Son de Aldea, que tivo lugar en Albá, Palas de Rei. Durante o evento, presentouse o libro A despedida, un volume que recolle os guións das representacións teatrais da pasada edición, editado coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.

A deputada de Cultura destacou o apoio da Deputación na edición dos textos, subliñando que "gardan testemuña da actividade creativa das súas autoras e autores, e do léxico específico da zona", engadindo a importancia de eventos culturais como este, que "invitan a reflexionar sobre o medio rural". Tras a presentación, celebrouse un parladoiro sobre os axentes sociais do medio rural, no que participaron David García-Romero, Dani Baliñas e Sara Rodríguez da Asociación Avoar, xunto co mariñeiro e activista Rogelio Santos Queiruga, quen destacou a especial relación entre o rural e o mar en Galicia.

O festival continuará cunha ruta teatral pola aldea da Graña, titulado O valor da auga, que comezará ás 10:00 horas e se prolongará durante toda a mañá. Despois, haberá un xantar popular e actividades pola tarde, incluíndo unha mostra de oficios artesáns, xogos populares con Xotramu, e concertos de Sheila Patricia e Tiruleque.

0.11577010154724