Inauguran unha nova vía en Cervo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
O Concello de Cervo suma desde
16 Nov 2019

O Concello de Cervo suma desde unha nova arteria de comunicación. Trátase da vía ubicada entre a Avenida Bellavista e a Avenida da Veiga, que conecta o Centro de Saúde coa zona de Galdín, e que foi inaugurada no día de hoxe polo alcalde de Cervo, Alfonso Villares, e pola conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez; ante a presencia tamén do delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, de concelleiros do equipo de goberno de Cervo, de veciños, representantes de diferentes asociacións e alcaldes pedáneos.

Os asistentes percorreron a rúa, que quedou aberta ao tráfico rodado e peonil este mediodía, e que ten unha lonxitude de 350 metros e unha anchura de 12 metros que favorecerá o dobre sentido da circulación. Tamén dispón dunha zona importante de aparcadoiros e de beirarrúas a ámbolos dous lados da calzada.

Villares quixo reiterar o seu “agradecemento á Xunta de Galicia que fixo posible que puidésemos materializar este importante proxecto cun investimento superior aos 600.000 euros”.

Trátase dunha rúa –engadiu- “que aliviará moito o tráfico no centro da vila de San Ciprián e que mellorará tamén a seguridade dos viandantes que transitan a diario por esta zona; ao tempo que tamén pode ser unha solución provisional para os vehículos pesados do Polígono de Cuíña”.

0.19833993911743