Inaugúranse o remate das obras dos viadutos do Castro da Autovía A-6

LugoXa
José Tomé Roca salientou que "a reapertura do viaduto do Castro evidencia que o Goberno cumpre coa provincia de Lugo e con Galicia, actuando nun tempo récord"
Inauguración-do-viaduto-do-Castro
30 Dec 2024

Inaugúranse as obras dos viadutos do Castro da Autovía A-6 coa presenza do presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, o ministro de Transportes do Goberno de España, Óscar Puente; e o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, entre outras autoriades.

Tomé Roca destacou o cumprimento dos prazos por parte do Goberno central, quen realizou unha actuación complexa nun tempo récord, tendo todos os treitos operativos a finais de ano.

Segundo Tomé Roca, "o traballo do Goberno do Estado é un exemplo de como abordar con seriedade e eficacia as necesidades que se presentan". Esta obra complexa demostra, segundo o presidente, o compromiso claro do Executivo central co desenvolvemento e a vertebración do noso territorio.

Nese sentido, salientou que "a reapertura do viaduto do Castro evidencia que o Goberno cumpre coa provincia de Lugo e con Galicia, actuando nun tempo récord nunha infraestrutura desta envergadura nunha orografía tan complexa". Ademais, asegurou que a recuperación da normalidade na conexión de Galicia e Castela e León é unha gran nova para todos para pechar este ano.

Así, reabríronse ao tráfico os tres carrís en sentido A Coruña e o segundo en sentido Madrid, quedando totalmente operativos os cinco carrís do tramo da autovía situado no quilómetro 430, no entorno de Vega de Valcarce (León) e Pedrafita do Cebreiro (Lugo).

Un dos carrís da calzada en sentido Madrid púxose en servizo a finais do ano 2023, permitindo restituír o tráfico parcialmente, tras concluír en apenas sete meses a construción dos viadutos pequeno e mediano.

O viaduto aberto é o máis grande, con 14 vanos e 595,5 metros de lonxitude, completándose tras 11 meses de obras.

0.16082096099854