Inaugurouse a exposición ‘Pornografía da alma’ da artista plástica Ana Fernández

LugoXa
Esta mostra estará aberta ao público ata o 10 de xaneiro do 2025 no espazo das Celas de Mulleres
Pornografía-da-alma-Ana-Fernández-en-Lugo
12 Nov 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, inaugurou no Vello Cárcere a exposición ‘Pornografía da alma’ da artista plástica Ana Fernández. Esta mostra estará aberta ao público ata o 10 de xaneiro do 2025 no espazo das Celas de Mulleres.

Ferreiro indicou que este traballo “convida ás persoas asistentes a coñecer o universo creativo dunha artista que emprega a abstracción para explorar o seu mundo interior”, a través dunha selección artística que reflicten unha crítica social ao mundo actual. A artista emprega unha técnica abstracta e matérica, revelando por primeira vez aspectos íntimos da súa psique a través dunha linguaxe visual impactante e profundamente persoal.

Ana Fernández, que comezou a expoñer a súa obra no ano 2020, inclúe nesta mostra traballos de series como Lúa, Multitudes e A Nada. Neles, aborda temas tan diversos como a disolución da percepción individual na observación, a crítica ao consumo masivo de pensamentos procesados e a reflexión sobre a inexistencia da nada. Estas obras, insistiu a concelleira de Cultura, “consolidan á artista como unha voz destacada na arte abstracta contemporánea galega”.

Maite Ferreiro destacou a relevancia de apoiar a artistas galegas que exploran e amplían os límites da expresión artística a través de novas linguaxes. “É un orgullo poder achegar ao público de Lugo propostas artísticas tan valentes e orixinais, mergullándonos nun diálogo visual que nos convida a cuestionar”.

 

0.20330905914307