Inaugurouse a XXXVIII edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses

LugoXa
Ademais de ceder o espazo para realizar as Xornadas, a institución provincial colabora con esta asociación cunha achega económica de 23.900 euros
XXXVIII-edición-das-Xornadas-Penitenciarias-Lucenses
29 Out 2024

A deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, participou na inauguración da XXXVIII edición das Xornadas Penitenciarias Lucenses, organizadas pola Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.

Nesta ocasión, o encontro, que se está a desenvolver na Deputación de Lugo ata o mércores, céntrase na discriminación por cuestións de sexo e na identidade de xénero no ámbito penitenciario.

No acto, a deputada participou na tradicional entrega de Medallas coas que cada ano a entidade lucense recoñece o labor de diferentes profesionais que traballan neste sector.

Un recoñecemento no que tamén estiveron, entre outras autoridades, a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos Fondos; a presidenta da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal, Elvira Fernández; e a vicepresidenta deste mesmo colectivo e directora da UNED de Lugo, Ana Traseira.

Ademais de ceder o espazo para realizar as Xornadas, a institución provincial colabora con esta asociación cunha achega económica de 23.900 euros para financiar un programa de reinserción laboral.

0.1952109336853